domingo, 24 de junio de 2012

Felices vacacións!


O blog dos pequefotógrafos chega o seu fin neste curso 2011-2012. Esperamos que fose do voso agrado, xa que os nenos/as traballaron moito para que así fose.
Pasade un bo verán rapaces, vémonos no vindeiro curso para sacar moitas máis instantáneas! Grazas polo voso esforzo!

jueves, 21 de junio de 2012


Festival de fin de curso


Por fin chegou o festival de fin de curso, tras moito ensaiar chegou a hora da verdade, e os nenos/as non defraudaron. A pesar dos nervios iniciais debido a presencia dos seus familiares, as ganas de facelo ben puideron con eles, e os rapaces protagonizaron unhas estupendas actuacións.
O festival comezou coa obra de títeres representada polos nenos/as de 5 anos: "Los fantasmas Caramba". Foi todo un éxito e os nenos/as fixeron un gran papel. O esforzo valeu a pena!


Despois invadíronnos uns piratas moi especiais que nos cantaron a súa canción, dixeron que tiñan 3 anos, e estaban capitaneados por unhas piratas temibles chamadas Begoña e Carmen, conseguirían o seu obxetivo?

           

Ademáis, sabían falar idiomas, xa que logo cantaron unhas cancións en inglés chamadas: "Numbers" e "Dinosaur, dinosaur" que levantaron os aplausos de tódolos presentes.
Máis tarde, os nenos/as de 4 anos da aula de Conchi bailaron "O rock da ducha", fixérono fenomenal, pero temos que pedir disculpas xa que todavía non dispoñemos de imaxes das súas actuacións.
 En canto sexa posible engadiremos algunha delas.


Por último, celebrouse a graduación dos nenos/as de 5 anos, que rematan a etapa de Educación Infantil e o ano que ven pasarán a formar parte do 1º curso de Educación Primaria. Tras unha pequena ceremonia, recibiron uns diplomas e unhas orlas moi orixinais de mans do noso director Moncho e da súa titora Sandra, que traballou moito con eles ó longo do ano e xunto cos demáis mestres/as de Educación Infantil fixo posible este evento, grazas a todos/as. 
Noraboa rapaces, moita sorte!

 Tamén queremos agradecer a actuación dos nosos presentadores de 6º de Educación Primaria, aquí vense tres, pero tamén había dous teloneros, que como fixeron tan ben o seu traballo, non se lles ve.

Esperamos que as actuacións fosen do voso agrado. Grazas por asistir!

lunes, 18 de junio de 2012

Excursión de fin de curso: "O Ventoso"




Por fin chegou a excursión de fin de curso e os nenos/as de Educación Infantil e Primaria, foron de visita ó centro de turismo ecuestre: "O Ventoso"(Laracha).
Nel poideron disfrutar dun ambiente natural, así como tamén do contacto directo cos animais; pasearon a cabalo ou en poni, cepillaron ó asno, déronlle de comer os porcos, ovellas, cabras...
E cando xa estabamos moi cansados de tanto traballar fixemos un descanso para comer e recuperar enerxías. Unha vez rematamos, aproveitamos os grandes campos dos que dispoñía o centro ecuestre para realizar diferentes xogos ó aire libre, e rematamo-la visita cun taller manual no que os nenos/as confeccionaron as súas propias caretas.
Pasámolo moi ben, e para que o poidades comprobar deixovos esta película na que se recollen algúns dos mellores momentos da viaxe, espero que vos guste.




jueves, 14 de junio de 2012


Gymkhana

Este xoves os nenos/as de 5º e 6º de educación infantil e de 1º ciclo de educación primaria participaron nun circuito de xogos un tanto diferentes, no que ambos ciclos debían cooperar entre sí coa finalidade de facer máis sinxela a súa labor e considerando que era unha boa forma de integración e relación entre os pequenos/as  .


Nestes xogos empregamos materiais tan diversos como globos, corchos, aros, discos, pelotas...E outros algo máis estranos coma fresas, cola-cao ou auga.


Entre os xogos atopamos algúns como a lanzadeira, na que os rapaces disfrutaron lanzándose a toda velocidade por unha rampa esbaradiza; a comida cega, xogo no que un neno/a tiña que darlle de comer a súa parella, iso sí, coa pequena dificultade de ter os ollos vendados, inda que tamén outros de baile, lanzamentos ou habilidade.


E os mestres por suposto, tamén o pasamos moi ben! Repetimos?


miércoles, 6 de junio de 2012

Sesión de psicomotricidade: "Os globos"



Na sesión do Mércores de psicomotricidade os nenos/as recibiron unha grata sorpresa xa que estivemos traballando os desprazamentos e lanzamentos a través dos globos.


 Pasárono en grande, axudaron a encher os globos e mesmo poideron levar os globos para casa; os que resistiron claro!


lunes, 4 de junio de 2012

Rutas Urbanas Animadas : " Os Cantóns"

Hoxe chegoulles o turno os nenos/as da clase de 5 anos de participar nas rutas urbanas animadas, onde tiveron a ocasión de disfrutar nos Cantóns dunha serie de actividades e xogos o aire libre. Divídironse en grupos, e cada grupo representaba un dos sentidos: gusto, oido, vista, tacto e olfato.

Despois pasaron á realización de diversos xogos, como por exemplo; oído: buscar a súa parella a través dos sons que emitían; tacto: meter a man nunha saca e con só tocalo averiguar de que se trataba; vista: facer xestos para que os compañeiros adiviñen un obxecto ou animal... Tra-la realización de cada xogo, os nenos/as obtiñan unha peza de puzzle que xuntas servirían para resolve-lo gran misterio oculto no mesmo.



Finalmente, xuntaron tódalas pezas do puzzle, e descubriron que o gran misterio que se agochaba no puzzle era unha foto do Obelisco. Despois chegou a hora da despedida e voltamos a escola. Foi moi divertido e as monitoras déronnos un pequeno obsequio. Esperamos que vos guste rapaces!


jueves, 31 de mayo de 2012


Fichas dos animais: domésticos e salvaxes

Como xa dixeramos, nas ultimas sesións estamos a traballar cos tipos de animais, neste caso, domésticos e salvaxes; características dos mesmos: se teñen plumas, pelos ou escamas, se son mamíferos ou ovíparos...
Para motivalos e tamén para xuntar máis información propuxemos como actividade que os nenos/as de 4 e 5 anos trouxeran unha ficha técnica do seu animal favorito. Foi moi interesante, xa que cada neno/a espuxo a súa ficha e aprendemos moitas, moitas cousas. Nestes días estivemos colgando no pasillo as fichas para que aqueles rapaces que estén interesados poidan botarlles un vistazo e aprender cousas moi curiosas sobre estes animais.





Por se algún non tivo tempo de facela, deixámosvos aquí un exemplo dunha delas, neste caso a fotografía foi feita por David Carballada(5 anos) e saíulle moi moi ben!
  FICHA TÉCNICA:

1.  NOME

2.  CARACTERÍSTICAS.
3.  LUGAR ONDE VIVE.

4. ALIMENTACIÓN.

5. REPRODUCIÓN.

6. CURIOSIDADES.

Animádevos a facelas, quedan moi ben e son moi interesantes para os rapaces!